O meu Concello  

Festa do Viño Tinto do Salnés

Sen dúbida, á festa que máis relevancia lle da o noso concello é a "Festa do viño tinto do Salnés", que cada ano, no primeiro fin de semana de xuño, reúne en Barrantes a colleiteiros, veciños e visitantes da comarca e de toda Galicia. Neste evento rendese homenaxe, non so os tintos autóctonos tipo caíño, mencía ou espadeiro, se non especialmente á variedade híbrida folla redonda, mais coñecida como "tinto Barrantes".

Durante tres días, Barrantes convertese no centro da comarca, con actividades para todos os públicos ó longo do día e da noite, e cunha zona de casetas onde se poden apreciar, acompañados dunha tapa ou dun bo prato de polbo á feira, os mellores tintos desta variedade, caracterizada pola súa baixa gradación, pero sobre todo pola súa densa e escura cor.

Máis info en festa-viño-tinto

Festa do Pan

Ribadumia é terra de auga. Centos de regatos, regos e canles cruzan o concello regando os seus campos e sumándose o río Umia. E a auga de moitos deses regatos foron aproveitados no seu día como forza motriz dos muíños, onde se moia o cereal co que logo se facía o pan, alimento dunha importancia tan capital na dieta dos habitantes de Ribadumia que mesmo as medidas das terras de facía en “cuncas e ferrados de pan”, unhas medidas que se seguen usando hoxe en día.

Para rememorar un tempo no que os muíños eran punto de encontro da sociedade, e a importancia do pan naquela época, desde 2001 celebrase en Ribadumia a “Festa do Pan”. Durante esa celebración, que ten lugar no mes de agosto, recuperase o funcionamento dun muíño, no entorno dos Muíños do Batan, en Santa Baia, e celebrase logo un serán na carballeira de Ribadumia, amenizado por música tradicional e onde os veciños poden probar diferentes variedades de pan. Dende a edición do 2015 ademais faise unha aposta por poñer de relevancia os produtos dos panadeiros municipais, un gremio moi asentado no noso concello.

 

Festa do Polo

Unha das actividades gandeiras que nos últimos corenta anos tivo relevancia en Ribadumia foi a cría de polos, a raíz da creación da empresa avícola O´Tres, que supuxo un reforzo importante para a economía do concello. Dende 2005 celebrase no mes de Xullo a Festa do polo Asado, un evento gastronómico que ten lugar na carballeira de Ribadumia.

O longo do día a organización prepara as racións de polo asado, que acompañadas de pan e viño son postas a disposición de veciños e visitantes a un prezo módico. A propia Carballeira ademais conta con mesas e bancos onde xantar, polo que a xornada resulta sempre nun xantar de confraternidade, amenizado por algunha actuación musical. Ademais acostuma haber, como complemento o polo, unha pulpeira e postos de rosquillas e melindres, ademais de atraccións para os mais cativos.