Horarios:
A apertura da oficina de turismo no Concello de Ribadumia trata de dar a benvida a todos os turistas que se acheguen nas próximas datas a coñecer todo o patrimonio do municipio, dende a Ruta da Pedra e da Auga ata o patrimonio arquitectónico. Así poderán nestas instalacións obter toda a información que desexen sobre estas visitas ou sobre outras actividades que terán lugar no concello o longo destes días.
Así, o Concello de Ribadumia quere poñer a disposición de todas as persoas que se acheguen a coñecernos a mellor da información para que desfruten o máximo da súa visita. Sendo esta unha acción máis na promoción turística do municipio, a cal é fundamental para que aquel que visite Ribadumia unha vez repita.