O meu Concello  

Auditorio Municipal

Ribadumia conta cun auditorio municipal dende o ano 2007.

Cunha superficie de máis de dous mil metros cadrados, conta cun aforo para 346 persoas, e mantén unha intensa actividade ao longo da maior parte do ano, cunha programación que abrangue todo tipo de actuacións, dende grupos locais que dan os seus primeiros pasos a obras de teatro de importancia, pasando por monólogos, espectáculos de maxia, infantís, importantes agrupacións musicais, e un longo etcétera.

Podes acceder ao calendario de actuacións a través da plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org

  • Enderezo:
  • Rúa Párroco Valiñas, Ribadumia
Como chegar
Auditorio Municipal
 
 

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE RIBADUMIA

Novos horarios biblioteca:

De luns a venres de 15:30 a 21:30 horas.
Sábados e domingos pechada.
Semana Santa pechada do xoves 29 ó luns 2, ambos días incluídos.

  • Enderezo:
  • Avenida Párroco Valiñas, s/n, Ribadumia
Como chegar
Biblioteca Pública Municipal de Ribadumia
 
 

Actividades Culturais

Ribadumia presume de ser un concello cunha importante actividade cultural. Ao longo do ano realízanse diferentes eventos, actividades e exposicións.

Podes acceder á Axenda Cultural a través da plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org

Tamén podes consultar o listado de Asociacións Culturais, Educación e Promoción Económica.

 
 

Centro Educativo: CPI

CPI inaugurado no ano 1968 sobre uns terreos cedidos para tal fin pola Condesa de barrantes, Dona Xulia Becerra Malvar, o CPI conta na actualidade con máis de cincentos nenos e nenas, unha cifra que mostra o importante crecemento demográfico que vivimos nos últimos anos en Ribadumia.

Como chegar

 

Centros Educativos
 
 

CRA (Centro Rural Agrupado) de Ribadumia

É un Colexio Rural Agrupado situado no Concello de Ribadumia. Somos un centro público, formado por 4 escolas e 5 aulas (Sisán, Lois, Ribadumia A, Ribadumia B e Leiro) nas que se imparte o segundo ciclo de Educación infantil.

Como chegar

 

 
 

Gardería Municipal

O concello de Ribadumia conta cun servizo de gardería municipal, cunha capacidade de cen prazas para nenos dende os cero aos tres anos.

  • Enderezo:
  • Travesía Bouza Martín 14, Ribadumia, CP 36636
  • Teléfono 986 710 877
Como chegar

 

Gardería Municipal
 
 

Anpa´s

Así mesmo, os centros de educación contan coas súas respectivas ANPA´s, que cumpren cunha importante labor social e educativa, integrando ás nais e aos pais na vida escolar.