O meu Concello  

Benvid@ a Ribadumia na rede;

 

Como alcalde de Ribadumia é un pracer darvos a benvida a nosa web, un novo entorno a través do que queremos acercarvos ao noso concello, mostrando todas as súas virtudes, desde as paisaxísticas, con lugares para gozar do tempo de lecer como a Ruta da Pedra e da Auga, ata as gastronómicas, como a Festa do Viño Tinto ou a Festa do Pan, pasando polo Xacemento arqueolóxico do Monte do Castro, así como o seu tecido empresarial e comercial.

A web é o punto de encontro para axilizar a relación cos veciños e veciñas, acercando os trámites e mantendo unha información actualizada. Na sociedade do 2.0 é fundamental poder facer as nosas xestións a través da rede, e a través deste sitio web queremos facilitar @s veciñ@s estas tarefas.

Queremos que sexa un lugar de encontro, onde @s veciñ@s poidan deixar a súas suxestións para seguiren crecendo a través de actividades que consideren de interese para levar a cabo no noso Concello. Tamén para que formen parte do día a día do Concello e poidan ter toda a información sobre as actuacións que se levan a cabo nos diferentes eidos da cultura, servizos sociais, economía, deporte, etc.

Dende a corporación queremos visualizar nesta localización o traballo feito e por facer, a transparencia na xestión e a honestidade por condición. Tendo como proposta de futuro que este enclave sexa punto de referencia para veciños e visitantes. Que sexa a vía principal de comunicación, para que a axilidade sexa un principio fundamental. En definitiva, queremos que sexa un instrumento de comunicación e de información para estar máis preto e máis próximos co día a día dos veciños e veciñas.

Sabendo e tendo como propósito a mellora continua para beneficio de todos os veciños e veciñas, aproveito para agradecervos a vosa colaboración.

Un saúdo,

 

David J. Castro Mougán
Alcalde de Ribadumia