O meu Concello  

Instalacións deportivas

Campos de Fútbol

Campo de fútbol A Senra

O campo conta con herba natural e ademais de ser empregado para disputar os partidos do Ribadumia C.F. nel dispútanse diferentes torneos e eventos deportivos ao longo do ano. As instalacións contan cun campo anexo empregado para o fútbol base.

  • Enderezo:
  • Rúa Párroco Valiñas s/n., Ribadumia
Como chegar
Campo de fútbol
 
Campo de fútbol A Bouza

Situado en Barrantes, conta cun terreo de herba sintética. O campo municipal soporta unha grande afluencia de xogadores e competicións ao ser a sede do UMIA C.F., de equipos afeccionados e veteranos como o Boa Vila de Barrantes ou C.P.I. Julia Becerra que tamén o emprega para a súa actividades deportiva.

  • Enderezo:
  • Avenida Bouza Martín s/n., Ribadumia
Como chegar
Campo de fútbol
 
Campo de fútbol Leiro

 

  • Enderezo:
  • Situado na parroquia de Leiro, Ribadumia
Como chegar
Campo de fútbol Leiro de Ribadumia
 
 

Pavillóns municipais

Pavillón Polideportivo Municipal de Ribadumia

O multiusos de Ribadumia acolle ao longo de todo o ano a práctica de diversas disciplinas deportivas nunha moderna instalación situada á beira do Campo de Fútbol de Ribadumia. Ademais, acolle unha grande variedade de probas e torneos de renome no calendario deportivo anual.

  • Enderezo:
  • Situado en A Senra s/n., Ribadumia
  • Horario:
  • 17:00 - 11:30 horas
Como chegar
Pavillón Polideportivo Municipal de Ribadumia
 
Pavillón de Sisán

Esta instalación é utilizada por numerosos veciños da localidade, xa que acolle as escolas deportivas de patinaxes e tenis de mesa, partidos de fútbol sala e diversos encontros de afeccionados.

  • Enderezo:
  • Situado en Sisán Grande s/n., Ribadumia
  • Horario:
  • 18:00 - 11:00 horas
Como chegar
Pavillón de Sisán
 
Pavillón de Barrantes

Esta instalación é utilizada polos veciños do municipio para realizar diferentes actividades, tanto deportivas como culturais. A súa situación, preto das instalacións escolares do CPI Julia Becerra Malvar.

  • Enderezo:
  • Situado en Bouza Martín, Ribadumia
  • Sen Horario
Como chegar
Pavillón de Barrantes
 
 

Actividades Deportivas

O Concello de Ribadumia acolle ao longo do ano numerosas actividades deportivas que son un referente no panorama internacional deportivo. Este recoñecemento é posible grazas ás asociacións que se dedican día a día a traballar para que o deporte local saia adiante.

O Clube Náutico O Muíño nace en Ribadumia en 1995 e desde entón o seu recoñecemento foi aumentando ata converterse nun dos clubes de piragüismo referentes no ámbito internacional. O seu recoñecemento non só se debe aos éxitos dos seus deportistas, senón que este clube organiza cada ano probas deportivas de importante nivel como a Baixada do Umia, ou o Duatlón Cross, no que actúa coma entidade colaboradora.

O Umia C.F fundouse no 1924, o que o converte no clube máis lonxevo do municipio. Con oito categorías en plantilla, o Umia C.F. promove o deporte desde a canteira ata a base cuns colores que moven unha gran afección no municipio.

O C.D. Ribadumia confórmase coma un clube de referencia con máis de 50 anos de idade. Desde a categoría de Terceira División ata o fútbol base, o equipo representa o sentimento dunha grande afección e xunto ao UMIA C.F. impóñense coma os meirandes expoñentes deste xogo na zona do Salnés.

O Clube de Tenis de Mesa de Ribadumia conseguiu pouco a pouco implantar este deporte no noso municipio converténdose nun dos clubes referentes en Galicia.

O Clube Salnés Padel aterrou recentemente no noso municipio e desde que se instalaron, conseguiron asentar este deporte a través da súa formación, torneos e actividades.

Asociacións deportivas asentadas no Concello de Ribadumia
 
 

Escolas Deportivas Municipais

A través das Escolas Deportivas, o Concello de Ribadumia fomenta a práctica da actividade física entre a poboación escolar de Ribadumia. Este programa desenvólvese nas distintas instalacións deportivas municipais, co fin de achegar o deporte a todas as parroquias.

As Escolas Deportivas de Ribadumia contan coa ensinanza de profesores titulados procedentes de cada unha das federacións galegas.

As Escolas Deportivas que se están impartindo actualmente son:

  • Judo
  • Impártese os martes e xoves no Pavillón de Barrantes no seguinte horario:
  • Menores de 10 anos: 16:30 h - 17:15 h
  • Entre 10 e 17 anos: 17:15 h - 18:00 h
  • Inscrición nas oficinas municipais. Actividade gratuíta.
  • Patinaxe
  • Impártese os mércores no Pavillón de Sisán no seguinte horario:
  • 18:30 - 19:15 19:15 - 20:00 20:00 - 20:45
  • Inscrición nas oficinas municipais. Actividade gratuíta.
  • BALONCESTO
  • Impártese luns e mércores no Pavillón de Ribadumia no seguinte horario:
  • Luns: 18:15 h - 19:15 h
  • Mércores 17:30 h - 18:30 h
  • Inscrición nas oficinas municipais. Cota: 10,00 € / mes
  • TENIS
  • Impártese os mércores no Pavillón de Ribadumia no seguinte horario:
  • A partir das 18:30 h
  • Inscrición nas oficinas municipais. Cota: 15,00 € nenos e 20,00 € adultos
  • DANZA MODERNA
  • Impártese os sábados alternos no Centro Social de Barrantes no seguinte horario:
  • 16:00 h - 18:00 h
  • Inscrición nas oficinas municipais. Cota: 15,00 € empadroados / 20,00 € non empadroados
 
 

Oficina Municipal de Información Xuvenil

O concello de Ribadumia conta cunha oficina municipal de información xuvenil (OMIX), desde a que se dá apoio aos nosos mozos en diferentes eidos, como o asociacionismo xuvenil, programas da dirección xeral de xuventude, iniciativa nova, cursos e formación, diferentes campañas, voluntariado xuvenil ou emprego xuvenil. Desde esta oficina tamén se tramita o carné xove, e outros que ofrecen múltiples vantaxes.

Carné Xove

  • Enderezo: Avda. Párroco valiñas 1, Ribadumia
  • Teléfono 986 710 711
  • Email: omixribadumia@yahoo.es
  • Horario actual: de luns a venres de 14:30 a 22:00 horas.
 
 

Piscina e Ximnasio Municipal

O concello de Ribadumia conta entre as súas instalacións cun ximnasio municipal. Atopase nas instalacións náuticas de Cabanelas, e ten o seguinte horario:

  • Luns a venres: de 9:30 h a 13:30 h e de 20:00 h a 23:00 h
  • Sábados: de 9:30 h a 13:30 h

Para facerche socio do ximnasio ou obter información mais detallada, podes acceder a través deste enlace á plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org

Nas mesmas instalacións está tamén a piscina municipal, que funciona na tempada de verán. O horario é:

  • Todos os días de 15:00 h a 21:00 h

Para acceder á piscina municipal podes facelo pagando unha entrada diaria ou facéndoche socio. Tes toda a información na plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org

Como chegar