Ribadumia conta cunha extensa liña de alumeado público, que cubre o 90% do territorio local. Os servizos técnicos están permanentemente atentos a calquera incidencia ou avaría que poida acontecer, para liquidala no menor tempo posible. Con todo, a colaboración da cidadanía faise imprescindible para poder actuar con rapidez en casos de avarías, alumeados fundidos, etc. Por iso, se detectas calquera dano ou deficiencia, podes comunicalo a través da plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org ou chamando ao concello: 986 718 491.
Na actualidade, Ribadumia conta cunha rede de subministración de auga e de saneamento que cubre practicamente a totalidade do concello. Calquera veciño que o desexe pode solicitar engancharse a estes servizos a través da plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org.
Do mesmo xeito, pode comunicar calquera problema que detecte a través da plataforma, ou chamando ao concello: 986 718 491.
O concello de Ribadumia sigue unha política de recollida selectiva de lixo. A correcta separación do lixo nos fogares en orgánico, envases lixeiros, cartón e vidro, permite reciclar unha porcentaxe moi alta de todo o lixo, algo que redunda directamente na conservación do medio ambiente e nos custos dun servizo que é primordial. Por ese motivo, ao longo do ano realízanse diferentes campañas de sensibilización.
Ribadumia, ademais da recollida selectiva conta cun punto limpo, onde veciños e veciñas poden levar todo aquilo que por volume ou polos materias dos que esta feito, non ten cabida nun dos contedores de recollida selectiva.
Como chegarRibadumia aposta forte pola reciclaxe e pola busca de vías que permitan reciclar e reutilizar a maior parte posible dos residuos que se xeran no concello. Nesta liña de actuación, o concello ademais da recollida selectiva, esta implementando un plan de compostaxe local, dividido en dúas partes.
Para unirse a calquera dos dous plans, ou para obter correcta información sobre a compostaxe, como funciona e cales son as súas vantaxes, as persoas que o desexen poden informarse no concello ou a través da plataforma.
No concello existe unha oficina técnica municipal, a través da cal se tramitan permisos e licenza de obra, de actividade, etc. A oficina está aberta ao público de luns a venres en horario de 09:00 h a 14:00 h. Calquera veciño pode descargar os formularios e solicitudes a través da plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org.