O meu Concello  

Notas de Prensa

  • A Escola de Verán de Ribadumia converte a contorna da Casa de Cultura de Lois nun circuíto de seguridade viaria

    Os nenos e nenas da Escola de Verán do Concello de Ribadumia instalados na Casa de Cultura de Lois viviron esta mañá unha xornada de aprendizaxe e de posta en práctica das principais normas de seguridade viaria.

    A nota de prensa completa, a continuación. 

  • O Concello de Ribadumia abre o prazo para solicitar as bolsas de material escolar para o curso 2026/2027

    As axudas están dirixidas a familias con alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria e poderán solicitarse ata o 31 de agosto.

    A nota de prensa completa, a continuación.

  • Ribadumia recibirá o autobús de doazón de sangue o xoves 13 de agosto

    A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará situada xunto á Casa do Concello en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

    A nota de prensa completa, a continuación. 

  • Ribadumia celebrará o 29 de agosto a XXXI Xuntanza dos Nosos Maiores

    A xornada, dirixida ás persoas maiores de 55 anos, contará cunha programación que combinará gastronomía, entretemento, humor e música na Carballeira de Ribadumia.

    A nota de prensa completa, a continuación. 

  • Ribadumia supera os 2.500 visitantes nos dous primeiros meses do verán e medra máis dun 30% respecto ao ano 2025

    A Oficina de Turismo contabilizou 2.581 visitantes entre xuño e xullo, procedentes tanto de diferentes puntos de España como de países de Europa, América e Asia.

    A nota de prensa completa, a continuación. 

  • O Concello de Ribadumia convoca os tradicionais concursos de sobremesas caseiras e empanadas de millo da Festa do Pan

    A XXIII edición do concurso de sobremesas e a XVI do concurso de empanadas de millo celebraranse o sábado 8 de agosto durante a festa, con 370 euros en premios repartidos en vales para o comercio local.

    A nota de prensa completa, a continuación. 

  • Ribadumia mellora o acceso ao punto limpo e ao recinto deportivo de Leiro cun investimento de máis de 48.000 euros

    O proxecto, financiado a través do Plan de Infraestruturas Rurais da Consellería do Medio Rural, permitirá mellorar o camiño de acceso ás instalacións municipais situadas na rúa Regueira.

    As obras inclúen a renovación do pavimento do camiño, a ampliación das redes de saneamento e abastecemento e diversas melloras en materia de seguridade viaria.

    A nota de prensa completa, a continuación. 

  • Ribadumia presenta a quinta edición do Rallymix Concello de Ribadumia, que se celebrará os días 24, 25 e 26 de xullo

    A proba, organizada pola Escudaría Desguaces Tino Racing, reunirá no municipio a pilotos e afeccionados ao automobilismo durante unha fin de semana de competición e espectáculo.

    Esta quinta edición terá un gran compoñente emocional, xa que estará marcada polas homenaxes a Esteban Pérez Iglesias e a Bárbara Gómez Oubel, ademais do regreso de Tinín Iglesias á competición despois de tres anos.

    A nota de prensa completa, a continuación.

  • Humor e espontaneidade con Antuán de la Cream na Escola de Verán de Ribadumia

    A nota de prensa completa, a continuación.

  • O Concello de Ribadumia completa novas actuacións de reparación de beirarrúas en distintos puntos do municipio

    As actuacións enmárcanse no plan de mantemento da vía pública que o Concello desenvolve nas distintas parroquias para mellorar a accesibilidade, a seguridade e o estado de conservación das beirarrúas.

    A nota de prensa completa, a continuación.

Máis información

Ribadumia nos Medios

  • Os medios de comunicación, galegos, españoles e extranxeiros fanse eco da IV Gala do Fútbol Feminino que tivo lugar o pasado 30/12/2016 en Ribadumia.

    Os medios de comunicación, galegos, españoles e extranxeiros fanse eco da IV Gala do Fútbol Feminino que tivo lugar o pasado 30/12/2016 en Ribadumia.

    Visitar sitio web

Máis información