O meu Concello  

Situado no centro xeográfico da Comarca do Salnés, o concello de Ribadumia atópase nunha situación privilexiada do val do Salnés, que ofrece ao visitante unha paisaxe excepcional, co río Umia como protagonista, e xunto a el todo o patrimonio etnográfico e natural que converten Ribadumia nun destino de turismo verde. A súa paisaxe natural combinase cos viñedos que producen os famosos viños Albariños das Rías Baixas o o exclusivo Tinto de Barrantes, autóctono da zona.


Coa axuda do seguinte formulario, podes achegarnos suxestións o consultas que estaremos encantados de responderte.