O meu Concello  

Parques Infantís e Áreas Recreativas e de Ocio

Ribadumia é un concello moi dinámico. Conta cunha ducia de parques infantís repartidos por todas as parroquias do concello. Ademais diso conta con varias áreas recreativas e de lecer.
Carballeira de Ribadumia

A carballeira é un espazo natural pechado no corazón do concello. Unha pequena carballeira, moi agradable no verán, que dispón de mesas e asadeiros. Ademais, nela teñen lugar varios eventos, como a concentración anual de motos dos Trasnos do Salnés, a festa do Polo, a festa do Pan. Mesmo conta coa súa propia festa, un xantar campestre que se celebra no primeiro domingo de setembro.

  • Enderezo:
  • Rúa Párroco Valiñas, Ribadumia
Como chegar
Carballeira de Ribadumia
 
 
Área recreativa de Cabanelas

Nas beiras do río Umia, á altura da ponte de Cabanelas, atópase a Área recreativa de Cabanelas. Nun entorno privilexiado, este área forma parte dun complexo que conta coas instalacións do clube náutico O Muíño, o ximnasio e as piscinas municipais. Ademais de mesas e un parque infantil, o entorno conta con praia fluvial e polas súas inmediacións transcorre unha parte do paseo fluvial que percorre a ribeira do río Umia desde Pontearnelas ata Barrantes.

  • Enderezo:
  • Ponte de Cabanelas, Ribadumia
Como chegar
Área Recreativa de Cabanelas
 
 
Área recreativa “río Armenteira”

Seguindo o curso do río Umia, á altura da ponte que o cruza por Barrantes, un pequeno pero vivo regato, O Armenteira, desemboca no río Umia, e nese punto cuberto de árbores de ribeira, atopamos unha área recreativa con mesas, bancos, e un espazo verde amplo, que permite gozar deste anaco de natureza a escasos metros do núcleo urbano de Barrantes. Tamén por esta área pasa a senda fluvial que parte de Pontearnelas, e que deixa neste punto a ribeira do Umia, para seguir parello ao río Armenteira ata enlazar coa Ruta da Pedra e da Auga máis adiante.

  • Enderezo:
  • Rúa Portela, Ribadumia
Como chegar
Área recreativa “rio Armenteira”
 
 
 
 

Rutas e Sendas Fluviais

Ribadumia conta máis de 10 Km de sendas e paseos fluviais. A ruta máis importante é a que nace na ponte dos Padriños en Pontearnelas, e bordea os ríos Umia e Armenteira ata enlazar coa Ruta da Pedra e da Auga, que sube ata o mosteiro de Armenteira por un lado, e continua por outras paraxes naturais do concello de Meis polo outro. Ribadumia conta con outros pequenos recunchos que merece a pena coñecer. Os muíños do Batan en Ribadumia, ou o río Cañon en Lois, por cuxa beira transcorre unha pequena e idílica e case descoñecida senda, ou a Xunqueira de Sisan, un espazo natural de grande interese.

Toda a información destas sendas e doutros atractivos turísticos, accedendo a nosa páxina de turismo.

Rutas e Sendas en Ribadumia
 
 

Medio ambiente

Ribadumia é un concello moi preocupado pola protección do medio ambiente. Froito desa preocupación é a colaboración con diferentes colectivos ecoloxistas e con iniciativas como o “proxecto ríos”. Recomendámosche que visites as seguintes páxinas:

Web: www.proxectorios.orga

Web: https://cesalnes.wordpress.com

E se queres denunciar algún vertido, dano medio ambiental ou presenza de especies invasoras como a Vespa Vetulina, podes facelo a través da plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org, ou chamando a:

  • Concello: (+34) 986 718 491
  • Protección Civil: (+34) 986 710 006
  • Seprona: (+34) 986 565 262