O meu Concello  

Benvidos a nosa Festa do viño tinto do Salnés e Exaltación das variedades autóctonas

Catas - Bando

A Comisión organizadora da 50 FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS E EXALTACIÓN DAS VARIEDADES AUTÓCTONAS de Barrantes (Ribadumia), que terá lugar os días 2, 3 e 4 de xuño, comunícalles aos CONCURSANTES-COLLEITEIROS que as CATAS realizaranse no CENTRO SOCIAL DE SAN ANDRÉS DE BARRANTES, creándose para iso un COMITÉ DE CATA composto por catadores e viticultores con representación de todas as parroquias do Concello.

Entrega de Viños
Os viños Tipo Barrantes e Autóctonos que se presentan a concurso deberán entregarse no Centro Social San Andrés de Barrantes os días 5 e 6 de maio entre ás 19:00 e 21:30 h.

Primeiras Precatas
As primeiras Catas celebraranse os días 8, 9, 10, 11 e 12 de maio, a partir das 21:00 h. no Centro Social San Andrés de Barrantes.

Precatas Finais
As Precatas finais celebraranse os días 24 e 25 de maio a partir das 21:00 h.

Normas
Para participar no concurso de Viño Tinto tipo BARRANTES e Variedades Autóctonas deberán presentarse 6 botellas tipo bordalesa para as catas, nos días e horas que se especifica no apartado "Entrega de Viños".
Os viticultores clasificados na primeira precata terán que entregar posteriormente 12 botellas de viño Tinto Barrantes, no lugar e no día que lles indicará persoalmente a organización.

Catas categoría Autóctonos
As Catas serán o 23 de maio.

Nota:
• As Catas estarán abertas ós viticultores que queiran participar.

Para máis información poden dirixirse ás seguintes persoas:
• Beatriz Martínez: 667 089 736
• Miguel Castro: 666 966 373