O meu Concello  

Portal de transparencia: canto cobra o alcalde? cales son os orzamentos para este ano? canto custou aquela obra?
Desde aquí toda a información relativa a xestión do concello de Ribadumia. Encontraras toda a información xeral e, se es veciño/a e estas rexistrado na nosa plataforma omeuconcello.ribadumia.org poderás acceder ademais a toda a información de carácter local.

 
 

Declaración de bens

Aquí podes coñecer cales son os bens declarados de todos os concelleiros e concelleiras no momento de formarse o goberno de Ribadumia. O final de lexislatura poderás tamén acceder ós seus bens declarados nese momento.

 
 

Actas municipais

O longo do ano o concello toma decisións que afectan a todos os veciños e veciñas. Esas decisión tómanse maiormente en dous órganos municipais: a “xunta de goberno” e o “pleno municipal”. Esas decisións quedan recollidas nas correspondentes actas, que son públicas e póñense aquí a disposición dos nosos veciños e veciñas.

 
 

Plenos municipais

O pleno municipal é o máximo órgano de representación política dos nosos veciños e veciñas, onde se debaten e deciden innumerables cuestións ou normas que afectan o funcionamento do concello e a vida das persoas que viven nel. Ademais son públicos. Aquí podes acceder as gravacións dos plenos, que dende maio de 2016 quedan rexistrados en formato de vídeo.

 
 

Orzamento municipal

O orzamento municipal é o documento mais importante de todos cantos se aproban no concello, pois conten as previsións de ingresos e de gastos e inversións para o ano en curso. Coñecer como se invisten os cartos que o concello ingresa é un dereito que todos os veciños e veciñas teñen e que poden exercer neste apartado.

 
 

Conta xeral e informes económicos

O orzamento é a previsión, pero a Conta Xeral é o documento final que nos explica cales foron realmente os ingresos e se os fondos municipais se investiron como estaba previsto ou, de non ser ocaso, cal foi a finalidade que se lle deu. Aquí apórtanse tamén os informes económicos relativos a xestión municipal.

 
 

Contratación e custe de servizos

Cando se contrata unha obra ou se xestiona un servizo municipal, os veciños e veciñas teñen dereito coñecer o detalle desas contratacións, ou do custe dos servizos municipais, e aquí poñemos a súa disposición toda esa información.

 
 

Normativas, taxas e impostos municipais

Aquí podes acceder a todas as taxas e impostos municipais, que son imprescindibles para garantir o desenrolo do noso concello e a viabilidade e acceso ós servizos públicos municipais.

 
 

Información Pública

Información pública para os cidadáns