O meu Concello  

Turismo e Deporte

Ribadumia é un concello cunha forte tradición deportiva. Neste concello de só cinco mil habitantes, o deporte ten unha presenza moi forte e a día de hoxe conviven dous clubes de fútbol, un de piragüismo con éxitos a nivel internacional, un de tenis de mesa que tamén ten importante presenza a nivel autonómico e mesmo nacional, e incluso un club de padel.

Ademais destas entidades, ao longo do ano teñen lugar diferentes competicións deportivas, desde un dúatlon cross, referente autonómico pola beleza e dificultade do percorrido, pasando por campionatos de fútbol, tenis, billarda, baile moderno e diferentes andainas para os que nos gusta o deporte intenso, e sen esquecer a denominada “baixada do Umia”, que congrega cada ano a centos de piragüistas e kanoistas nun descenso cunha enorme tradición entre os deportistas e que goza da fama por ser un dos eventos náuticos de mais beleza de cantos se celebran en Galicia.

Ademais de todo isto, existen empresas que ofrecen paseos en canoa polo río Umia, sen dúbida unha alternativa moi interesante para gozar da beleza deste río.