O meu Concello  

Servizos Sociais, 3ª Idade e Sanidade

O departamento de Servizos Sociais traballa activamente para mellorar a calidade de vida e a participación na sociedade de todas as persoas deste municipio. Para cumprir estes obxectivos ao longo do ano desenvólvense diversos programas, dos cales te podes informar detalladamente no enlace da plataforma do concello (asuntos sociais) omeuconcello.ribadumia.org

 

Programa de información, orientación e asesoramento: a través da oficina municipal de Asuntos Sociais, poñer os mecanismos dispoñibles para facilitar ao cidadán e a comunidade en xeral o coñecemento e acceso aos recursos sociais existentes, cunha axuda profesional que garanta unha resposta ás necesidades recoñecidas como propias do ámbito de actuación de servizos sociais, entre eles están o acceso a RISGA, axudas Emerxencia Social, etc.

Axuda no fogar: ten por obxecto prestar un conxunto de atencións persoais no domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións que teñan limitada a súa autonomía persoal ou os casos de desestructuración familiar. Máis información a través da plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org.

Centro de Información da Muller: Centro de Información do Salnés, é un centro mancomunado que ofrece servizos de asesoramento á muller en varios concellos. Entre estes servizos, ademais de información e orientación, ofrecese un servizo de asesoría xurídica e de psicoloxía. Estes servizos, no concello de Ribadumia están dispoñibles un día a semana:

  • Avogada, os martes de 8:00 h a 15:00 h, na Casa de Cultura de Ribadumia.
  • Psicóloga, previa cita, que se debe solicitar no departamento de Servizos Sociais do concello, os mércores de 8:00 h a 13.00 h e de 15:00 h a 18:00 h, na Casa de Cultura de Ribadumia.

Voluntariado Social: o voluntariado social é unha forma de axuda que pode realizar calquera veciño ou veciña, que de xeito voluntario e altruísta dedique un pouco do seu tempo a labores sociais, que poden ser de moitos tipos, desde o acompañamento social ao apoio nos diferentes programas sociais do concello, pasando por colaborar en diferentes actividades que se poidan organizar desde o concello.
Se queres informarte mellor sobre como facerte voluntario, achégate á oficina de servizos Sociais do concello ou chama ao 986 718 491.

Fogar dos Maiores: Ribadumia conta cun fogar de maiores. Un centro social onde as persoas de máis idade poden gozar do seu tempo libre, participando en diversas actividades adaptadas a súa idade, como poden ser clases de ximnasia para a terceira idade ou cursos como talleres de memoria, manualidades, etc.
Para informarte mellor sobre este servizo podes chamar ao concello ao 986 718 491.

Escola Municipal de Pais: As concellerías de Asuntos Sociais e de Educación puxeron en marcha, a través da oficina de Asuntos Sociais, a partires do curso escolar 2015/16, un servizo de apoio aos pais, nenos e educadores, que busca proporcionar información e axuda na difícil labor de educar aos cativos. Este servizo, ademais de asesoramento sobre diversas cuestións, organiza ao longo do ano, coa colaboración das ANPA´s municipais e de diferentes entidades, diversas charlas e obradoiros específicos para pais, nenos e profesionais da educación.
Podes ter información actualizada das actividades da escola municipal de pais a través da plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org.