O meu Concello  

Promoción Económica

 
 

Oficina Local de Emprego

Ribadumia conta cunha oficina local de emprego, desde a que se da información ás persoas demandantes de emprego, organízanse charlas, cursos, etc. Podes acceder a toda a información e a todas as ofertas de emprego a través da plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org
Tamén podes dirixirte ao concello, ao responsable de Orientación laboral é Vanesa Jorge Argibay, que atende nas dependencias municipais de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

 
 
 
 

Polígono Industrial

Unha das apostas de Ribadumia polo desenvolvemento industrial axámola no polígono industrial de Cabanelas, que conta con 215.000 metros cadrados de superficie, que unidos aos outros 285.000 metros cadrados do polígono lindeiro de Sete Pías (Cambados) conforman o denominado Polígono Industrial do Salnés, de máis de 500.000 metros cadrados de superficie. A súa situación privilexiada en pleno corazón do Salnés, cunhas boas comunicacións, fan deste polígono o referente e un dos motores industriais da comarca.
O polígono conta cunha Asociación de Empresarios, a cuxa web podedes acceder no seguinte enlace: empresariospoligonodelsalnes

Polígono Industrial do Salnés
 
 
 
 

Viticultura

Ribadumia é un concello cunha importante masa de viñedo, encadrado na Denominación de Orixe Rías Baixas- subzona O Salnés, que recolle cada ano máis de quince millóns de quilos de uva, o cal supón un importante motor económico. Na parroquia de leiro, existe unha Subestación Enolóxica dependente da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Este Centro de Formación e Experimentación de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia desenvolve labores de asesoramento, orientación e ensaio especializados. Os seus servizos van dirixidos a particulares e a profesionais do sector.

Como chegar
 Subestación Enolóxica
 
 
 
 

Comercio Local

Ribadumia dispón dunha importante oferta comercial, incluída unha praza de abastos no centro do núcleo de Barrantes, que permite que tanto veciños como visitantes poidan realizar a maioría das súas compras sen saír do propio concello. O comercio local é un valor a poñer en alza, que fomenta a creación de emprego, favorece a mobilidade económica no entorno local, ademais de ter todas as vantaxes do trato familiar e cálido dos pequenos comerciantes fronte á frialdade das grandes superficies.

A Asociación Profesional de Comerciantes e Empresarios de Ribadumia é un ente creado para a promoción do comercio local e ao longo do ano realiza diversas campañas e actividades orientadas a este fin. Podedes seguir as súas actividades aquí: Comercio Ribadumia

Se saio de Ribadumia é porque quero