O meu Concello  

Obras e Servizos

Alumeado Público

Ribadumia conta cunha extensa liña de alumeado público, que cubre o 90% do territorio local. Os servizos técnicos están permanentemente atentos a calquera incidencia ou avaría que poida acontecer, para liquidala no menor tempo posible. Con todo, a colaboración da cidadanía faise imprescindible para poder actuar con rapidez en casos de avarías, alumeados fundidos, etc. Por iso, se detectas calquera dano ou deficiencia, podes comunicalo a través da plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org ou chamando ao concello: 986 718 491.

Sumidoiros e Saneamento

Na actualidade, Ribadumia conta cunha rede de subministración de auga e de saneamento que cubre practicamente a totalidade do concello. Calquera veciño que o desexe pode solicitar engancharse a estes servizos a través da plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org.

Do mesmo xeito, pode comunicar calquera problema que detecte a través da plataforma, ou chamando ao concello: 986 718 491.

Recollida Lixo

O concello de Ribadumia sigue unha política de recollida selectiva de lixo. A correcta separación do lixo nos fogares en orgánico, envases lixeiros, cartón e vidro, permite reciclar unha porcentaxe moi alta de todo o lixo, algo que redunda directamente na conservación do medio ambiente e nos custos dun servizo que é primordial. Por ese motivo, ao longo do ano realízanse diferentes campañas de sensibilización.

  • Días de recollida:
  • Orgánico (colector verde): núcleos urbanos a diario, nos núcleos rurais días alternos.
  • Cartón (colector azul): todos os xoves.
  • Envases lixeiros (colector amarelo). No inverno todos os mércores; no verán luns e mércores.
  • Vidro: O camión de recollida de vidro pasa de xeito quincenal.
 
 

Limpeza e Medio Ambiente

Punto Limpo

Ribadumia, ademais da recollida selectiva conta cun punto limpo, onde veciños e veciñas poden levar todo aquilo que por volume ou polos materias dos que esta feito, non ten cabida nun dos contedores de recollida selectiva.

  • Enderezo: Rúa Regueira, Leiro, Ribadumia.
  • Horario: Sábados de 9:00 h a 14:00 h.
  • Teléfono: 986 718 491
Como chegar
Punto Limpo de Ribadumia
 
 

Plan Compostaxe Local

Ribadumia aposta forte pola reciclaxe e pola busca de vías que permitan reciclar e reutilizar a maior parte posible dos residuos que se xeran no concello. Nesta liña de actuación, o concello ademais da recollida selectiva, esta implementando un plan de compostaxe local, dividido en dúas partes.

  • Por unha banda un plan para o rural, poñendo ao servizo dos veciños que así o soliciten un composteiro individual, que permita a reciclaxe en abono da materia orgánica que se xera na unidade familiar e que logo pode ser usada como abono no mesmo fogar.
  • Por outra banda, neste ano 2016, o concello solicitou integrarse no plan de compostaxe comunitario da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de iniciar un plan piloto de carácter inicialmente experimental, para de implantar composteiros comunitarios no núcleo urbano e axudar así, a reducir a cantidade de residuos sólidos que van ao contedor verde, reutilizando logo o abono obtido para os parques municipais.

Para unirse a calquera dos dous plans, ou para obter correcta información sobre a compostaxe, como funciona e cales son as súas vantaxes, as persoas que o desexen poden informarse no concello ou a través da plataforma.

 
 

Urbanismo

Servizos Técnicos Municipais

No concello existe unha oficina técnica municipal, a través da cal se tramitan permisos e licenza de obra, de actividade, etc. A oficina está aberta ao público de luns a venres en horario de 09:00 h a 14:00 h. Calquera veciño pode descargar os formularios e solicitudes a través da plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org.