O Concello de Ribadumia ofrece aos seus habitantes os seguintes servizos, que se describen a continuación:
ATENCIÓN AO CIDADÁN:
O servizo de atención ao cidadán está situado na planta baixa da casa Consistorial. As súas funcións son:
SECRETARÍA:
A secretaría xeral é un órgano de funcionamento principalmente interno que ten como funcións principais a de asesoramento legal preceptivo, e a de fe pública, é dicir, ten que ser testigo de todo aquelo que afecte á corporación municipal e deixar constancia fidedigna das decisións e das resolucións que se tomen.
Funcións:
INTERVENCIÓN:
Intervención é o departamento encargado do control e da fiscalización interna, da xestión económico-financeira e orzamentaria, e da contabilidade
Funcións:
TESOURERÍA:
É o departamento do concello encargado do manexo e da custodia dos fondos da entidade local así como da xefatura dos servizos de recadación.
Funcións:
URBANISMO:
É o departamento onde se tramitan os expedientes relacionados coa disciplina urbanística e coa ordenación do territorio.
Funcións:
PERSOAL:
É o departamento do concello que xestiona a contratación de persoal así como todo o relacionado co persoal, o seu réxime laboral, os seus dereitos e os seus deberes.
PADRÓN DE HABITANTES:
É o rexistro administrativo onde constan os veciños do municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual. As funcións son:
PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL:
SERVIZOS SOCIAIS:
Os servizos sociais son un sistema público de protección social dirixido ao conxunto da poboación do Concello de Ribadumia e teñen por obxecto promover e posibilita-lo desenvolvemento do benestar social de tódolos cidadáns.
Programas municipais:
Os destinatarios dos Servizos Sociais son a familia, a infancia, a mocidade, as persoas maiores, as persoas con discapacidade, persoas con drogodependencias, muller, marxinación social e migracións.
DESENVOLVEMENTO LOCAL, EMPREGO E ORIENTACIÓN LABORAL:
O servizo de Desenvolvemento Local e Emprego dedícase fundamentalmente a tarefas de intermediación e facilitación no apoio ó desenvolvemento económico, a través de accións de asesoramento, información, formación, formulación de proxectos e tódalas actuacións que impulsen o desenvolvemento económico e a creación de emprego no municipio.
Os destinatarios deste servicio son os particulares, emprendedores e todo tipo de empresas.
Programas:
OMIX:
A OMIX como oficina de información xuvenil é a ferramenta que no Concello de Ribadumia trata de informar, asistir e axudar en todos aqueles asuntos que teñan relación coa mocidade, formación, emprego, vivenda, ocio, asociacionismo, carné xove, premios e concursos, programas da Xunta, voluntariado, saúde e sexualidade, axudas,...
A Oficina de Información Xuvenil está situada na Casa da Cultura de Ribadumia, e o seu enderezo electrónico é omixribadumia@yahoo.es
CULTURA:
Dende a Concellería de Cultura trabállase na procura dos seguintes obxectivos:
TURISMO:
O Concello de Ribadumia ven potenciando turisticamente o municipio a través de actividades nas que se dan a coñecer os seus principais recursos naturais, paisaxístico e patrimonias, tal é o caso das visitas guiadas polos muíños, adegas ou pazos.
Para ofrecer un mellor servizos ós nosos visitantes dispoñemos dun punto de información turístico, aberto todo o ano, e un Centro de Interpretación da Natureza que abrirá as suas portas en breve.
DEPORTES:
O Concello de Ribadumia aposta por ofrecer instalacións deportivas de calidade en tódalas parroquias do municipio, ao mesmo tempo que potenciar o deporte como competición e como forma de vida saudable desde a base. Así, ademais de colaborar e organizar competicións deportivas durante todo o ano, a Concellería de Deportes tamén colabora económicamente cos clubes locais.
PROTECCIÓN CIVIL:
A Agrupación de voluntarios de Protección Civil constituiuse en decembro de 1997. Esta agrupación está inscrita no Rexistro de Agrupación/ Asociación de Protección Civil, no folio 163 e co número 163, conforme ó Decreto 56/2000 de 3 de marzo. Para a realización das suas labores de intervención en diversas situacións (accidentes de tráfico, rescates, incendios,...), contan ademais de con recursos humanos cos recursos materiais necesarios para intervir en cada caso.
Concello de Ribadumia - concello.ribadumia@eidolocal.es
Avda. de Ribadumia, 3 - 36636 - Ribadumia (Pontevedra)
Tel.: 986 718 491 / 986 718 499 / 986 710 844 - Fax: 986 716 393