O departamento de Servizos Sociais de Ribadumia tramita as solicitudes para participar no programa Saúde e Benestar da Deputación de Pontevedra. Consiste en pasar seis días con cinco noites nun hotel spa ou talaso da provincia en réxime de pensión completa e con bebidas incluídas. O paquete inclúe, ademais, o servizo de autocar para os traslados dende o lugar de orixe ata o hotel e viceversa, as demandas específicas dos participantes e o disfrute da zona spa, balneario e outras instalacións beneficiosas para a saúde.
As datas nas que se pode disfrutar deste programa é entre setembro e decembro. O programa Saúde e Benestar ten un dobre obxectivo. Por un lado, proporcionarlles ás persoas que vivan na nosa provincia a partir dos 50 anos, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar a posibilidade de pasar uns días nos establecementos hoteleiros da provincia ofertados, a prezos reducidos, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida. Por outro lado, xera unha inversión social importante, fomentando a creación e consolidación dos postos de traballo no sector hoteleiro da nosa comunidade.
Para inscribirse ou recibir máis información, os interesados poderán facelo nas oficinas municipais. O prazo para presentar as solicitudes remata o 8 de agosto, e deberán ir acompañadas da fotocopia do DNI.
Concello de Ribadumia - concello.ribadumia@eidolocal.es
Avda. de Ribadumia, 3 - 36636 - Ribadumia (Pontevedra)
Tel.: 986 718 491 / 986 718 499 / 986 710 844 - Fax: 986 716 393