Concello de Ribadumia
español galego english

atrás
Axenda

Servizos Sociais de Ribadumia prepara a III Feira da Familia con actividades para nenos e maiores

15.05.2011 - 15.05.2011

Celébrase o 15 de maio na Praza do Concello, e o sábado organizarase a Festa da Bicicleta

A concellería de Servizos Sociais de Ribadumia prepara a III Feira da Familia, que contará con numerosos obradoiros e actividades para nenos e maiores, dinámicas de grupos, puntos de información sobre os aspectos que máis preocupan aos pais e un servizo de merenda para os máis cativos. Celebrarase o domingo 15 de maio, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Familia. Nesta ocasión, o Concello de Ribadumia dedicará toda esa fin de semana á celebración dese día, xa que a programación comezará o sábado 14 coa celebración da xa tradicional Festa da Bicicleta. O obxectivo, segundo destaca a alcaldesa Salomé Peña, é “ofrecer unha programación lúdica para todos os membros da familia, para que disfruten do seu tempo de ocio de xeito conxunto e con outros veciños do municipio”.

Durante a tarde do domingo, de 16:00 a 20:00 horas, a Praza do Concello converterase nun espazo de encontro lúdico e social das familias. Varios monitores ocuparanse dos talleres que preparan para nenos e pais: maquillaxe, abalorios, chapas... e disfrutarán dos inchables e do búfalo mecánico que se instalarán na praza. Todos os obradoiros estarán amenizados con música e o Concello de Ribadumia, ademais, porá a disposición dos participantes un servizo de merenda para coller forzas e continuar con todas as actividades organizadas. Todas as actividades son gratuítas e abertas ao público en xeral, pero desde o Concello de Ribadumia recomendan inscribirse previamente nas oficinas municipais para poder facer unha estimación do número de participantes e obter un axeitado desenvolvemento das actividades. Isto é fundamental para o servizo de merenda, xa que no momento de anotarse entregarase un tícket aos asistentes que poderán trocar o día da feira.

A organización desta terceira feira tamén conta coa colaboración dos membros do Servizo de Voluntariado do Concello de Ribadumia, que participarán de forma activa e apoiando a labor dos monitores de cada unha das actividades. Como novidade, este ano o Concello de Ribadumia conta coa colaboración da Asociación para a Integración das Persoas con Autismo Pordereito.

Concello de Ribadumia - concello.ribadumia@eidolocal.es
Avda. de Ribadumia, 3 - 36636 - Ribadumia (Pontevedra)
Tel.: 986 718 491 / 986 718 499 / 986 710 844 - Fax: 986 716 393

 
Consellería de Innovación e Industria Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI