A representación comezará ás 20.00 horas e o prezo da entrada é seis euros. A recadación se destinará, segundo explicou Fátima Rey como directora da escola de teatro, para financiar as actividades que Proxecto Home ten en marcha para axudar e rehabilitar ás persoas drododependentes. A taquilla do Auditorio Municipal abrirá dúas horas antes da función. A obra non está recomendada para persoas menores de 16 anos.
Próxima Estación é unha obra escrita por Alberto Dosil, alumno da Escola de Teatro Valle Innova. É unha obra chea de sorpresas, de xiros inesperados e cunha interpretación cargada de dramatismo e tensión. “Sempre se pode elixir, pero é xusto aí onde está o problema”. Lola leva toda unha vida de eleccións equivocadas, baixando nas estacións máis amargas da vida. Pero xa cansada de fuxir, volta ao principio do traxecto. Alí encontra con Elisa, unha coidadora de ovellas que lle fala de tal maneira que a fai retroceder e analizar cada unha das paradas do seu tren existencial. “Próxima Estación” tenta poñer ao espectador no dilema ¿ata que punto somos nós os que vamos en busca das nosas desgracias? ¿Somos pasaxeiros ou maquinistas do noso propio tren?
Diana Rodiño e Fátima Rey son as encargadas de facer chegar ao público este drama humano a través da súa interpretación e da montaxe. A obra está ateigada de sorpresas, con colaboracións especiais a nivel actoral.
Concello de Ribadumia - concello.ribadumia@eidolocal.es
Avda. de Ribadumia, 3 - 36636 - Ribadumia (Pontevedra)
Tel.: 986 718 491 / 986 718 499 / 986 710 844 - Fax: 986 716 393