Concello de Ribadumia
español galego english

Turismo  |  Festas

 

  • Festa do Viño Tinto do Salnés
  • Festa do Pan do Salnés
  • Romaría de Santa Baia
  • Romaría de Santa Marta de Ribadumia
  • Festa do Polo
  • Feira Medieval de Pontearnelas

 

FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS

Carballeira de Barrantes (xuño)

A Festa do Viño Tinto do Salnés, cuxa primeira edición se remonta ao 1967, reúne a un experto comité de catadores que fai entrega dos premios nun multitudinario almorzo a base de polbo, empanada e carne regado co afamado viño tinto de Barrantes, un caldo froito da fermentación da variedade de uva espadeira e exaltado por numerosos escritores. A programación tamén inclúe unha variada oferta de concertos e actividades culturais, así como a Mostra de Exaltación da Nosa Conserva.

FESTA DO PAN DO SALNÉS

Carballeira de Ribadumia (agosto)

É motivo de xuntanza un produto tan cotián pero á vez tan exquisito como é o pan, o que fai que se recuperen nestas reunións vellas tradicións e costumes, como o proceso de elaboración do pan, poñendo en funcionamento un auténtico muíño de auga.

Nestas fermosas paraxes celébrase, ademais, unha pequena feira de mostras artesanais de produtos relacionados co pan.

 

ROMARÍA DE SANTA BAIA

Carballeira de Ribadumia (primeiro domingo de setembro). Trátase dunha romería de carácter relixioso. Ao mediodía faise un xantar de convivencia cos veciños e a xente que ve doutros lugares, como Portugal, mentres que pola tarde o protagonismo é para as actuacións musicais.

 

ROMARÍA DE SANTA MARTA DE RIBADUMIA

 Xullo. Pontearnelas

 

FESTA DO POLO

Carballeira de Ribadumia (xullo). O principal produto é o polo, especialmente asado.

 

FEIRA MEDIEVAL DE PONTEARNELAS

Xullo. Organizada conxuntamente entre os concellos de Ribadumia, Cambados e de Vilanova e coa Deputación de Pontevedra, celébrase en Pontearnelas a Feira Medieval con actuacións de malabares, exhibición de cetrería e actividades propias da época medieval.

Concello de Ribadumia - concello.ribadumia@eidolocal.es
Avda. de Ribadumia, 3 - 36636 - Ribadumia (Pontevedra)
Tel.: 986 718 491 / 986 718 499 / 986 710 844 - Fax: 986 716 393

 
Consellería de Innovación e Industria Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI