O RÍO E AS PONTES
O RÍO UMIA
O río define o territorio e condiciona a vida das comunidades que viven nas súas marxes. Máis que un elemento fronteirizo, o Umia convérsese nun elemento de cohesión entre os concellos do Salnés. A súa importancia para a economía e o seu indiscutible valor natural, xunto con seu carácter simbólico, son razóns suficientes para que le outorguemos o seu merecido valor. En Ribadumia destacan catro pontes que cruzan o río:
- PONTEARNELAS: Tamén coñecida como Ponte dos Padriños, reconstruída no s. XVI, quedando de testemuña o escudo e a inscrición.
- PONTE DE SANTA MARTA: De construción recente, esta nova ponte supuxo a recuperación e revitalización do entorno da ponte orixinal (a de Pontearnelas).
- PONTE DE CABANELAS: Construída en 1950 no lugar onde antes había unha antiga ponte de madeira. Os seus arredores están acondicionados con áreas deportivas e de lecer.
- PONTE DE BARRANTES: Comunica Ribadumia. con Cambados. Destaca a presenza dun merendeiro cun arboredo.
PASEO FLUVIAL DE BARRANTES A PONTEARNELAS
O paseo se inicia na Ponte de Barrantes, e transcorre por unha senda de varios quilómetros que percorre toda a ribeira do Umia ata chegar a Pontearnelas.
AS ÁREAS RECREATIVAS
- CARBALLEIRA DE SANTA BAIA DE RIBADUMIATrátase dunha área recreativa cunha grande zona verde que contra cun arboredo autóctono, destacando unha grande cantidade de carballos. Nela fanse distintas actividades e festas gastronómicas.
- CARBALLEIRA DE BARRANTES
Sita na parroquia de Barrantes, é unha carballeira que conta cunha área recreativa con columbios, bancos,… Dispón tamén dun anfiteatro. Nela celébrase a Festa do Viño Tinto do Salnés. - MONTE DO CASTRO (BESOMAÑO E LEIRO)
- O xacemento arqueolóxico do Monte do Castro, situado nas parroquias de Leiro e Besomaño, é un poboado fortificado da Idade de Ferro. Polos restos documentados pode dicirse que este lugar estivo habitado entre os séculos IV a. C. e I d. C. As escavacións comezaron en 2011, e xa se descubriron trece cabanas, unha enorme casa-patio e unha muralla, ademais de miles de pezas, moitas delas de cerámica pero tamén de adorno persoal e armas brancas. Trátase dun dos castros máis importantes de Galicia, situado nunha zona estratéxica xunto ao mar, con fortes relacións comerciais e marítimas. O castro foi arrasado polos invasores romanos. Desapareceu entre as llamas e nunca máis foi reconstruído. Os romanos querían deste xeito amosar a súa fortaleza e dar exemplo aos habitantes dos poboados máis pequenos.
- ÁREA RECREATIVA DE CABANELAS
Está xunto á ponte de Cabanelas. Destaca a piscina municipal que abre nos meses de verán. A carón desta ponte sitúanse o Club Náutico de Piragüismo O Muíño e o Complexo Náutico e Deportivo do Concello de Ribadumia. Conta con parque infantil e merendoiro.