OS PAZOS
Os pazos son residencias señoriais que adoptaban asentarse en zonas destacadas onde fose fácil o control das terras alugadas e, ao mesmo tempo, puidese ser visualizado polos campesiños. Trátase de edificacións privadas que non se poden visitar.
- Pazo de Barrantes: Finais do s. XV e comezos do XVI; sufriu dous procesos de reconstrución. Destaca a presenza dun enorme hórreo e a capela.
- Pazo da Pedreira: Erixido durante a segunda metade do s. XV, sufriu distintas reformas. Destaca unha imaxe da irxe da Anunciación situada na fachada principal do pazo e a capela.
- Pazo do Monte: Orixinario do s. XVIII, actualmente atópase en estado de abandono. Destaca a casa, que mostra modificacións notables nos lenzos das súas fachadas e a capela.
- Pazo Quinteiro da Cruz: Construído a finais do século XVIII. Destaca un xardín de tipo inglés, ondea topamos todo tipo de plantas, combinado con áreas de produción vitivinícola. Ademais, conta con distintos elementos artísticos na finca: fontes, cruceiros, piornos, reloxos de sol e un lavadoiro.
AS IGREXAS (O seu interior pódese visitar en horario de culto)
- Igrexa de San André de Barrantes: De comezos do século XIII, sufriu unha remodelación importante. Debido a isto, os elementos da época románica son poucos e contén máis da época barroca.
- Igrexa de Santa María de Besomaño: Na súa orixe foi unha igrexa románica, pero sufriu unha modificación no s. XVIII, o que produciu cambios substanciais no seu conxunto.
- Igrexa de San Xoán de Leiro: O elemento máis antigo conservado desta igrexa é unha fiestra con arco de ferradura que pertence ao período prerrománico. Unha peza singular e de valor artístico, é un referente para o estudo da arte galega. A igrexa sufriu unha remodelación barroca no s. XVIII que alterou bastante a construción orixinal.
- Igrexa de San Fiz de Lois: Do s. XII sufriu unha remodelación no s. XVIII. Da súa época románica conserva algunhas pezas de interese. Como é habitual nas igrexas parroquiais, xunto a elas está o cemiterio.
- Igrexa de Santa Baia de Ribadumia: é unha igrexa de orixe románica, pero apenas conserva elementos desa época posto que sufriu unha reconstrución a comezos do s. XIX.
- Igrexa de San Clemezo de Sisán: Construída no s. XVI, ampliouse XVII producíndose a remodelación do conxunto.