Ribadumia conta cun auditorio municipal dende o ano 2007.
Cunha superficie de máis de dous mil metros cadrados, conta cun aforo para 346 persoas, e mantén unha intensa actividade ao longo da maior parte do ano, cunha programación que abrangue todo tipo de actuacións, dende grupos locais que dan os seus primeiros pasos a obras de teatro de importancia, pasando por monólogos, espectáculos de maxia, infantís, importantes agrupacións musicais, e un longo etcétera.
Podes acceder ao calendario de actuacións a través da plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org
Como chegarNovos horarios biblioteca:
De luns a venres de 15:30 a 21:30 horas.Ribadumia presume de ser un concello cunha importante actividade cultural. Ao longo do ano realízanse diferentes eventos, actividades e exposicións.
Podes acceder á Axenda Cultural a través da plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org
Tamén podes consultar o listado de Asociacións Culturais, Educación e Promoción Económica.
CPI inaugurado no ano 1968 sobre uns terreos cedidos para tal fin pola Condesa de barrantes, Dona Xulia Becerra Malvar, o CPI conta na actualidade con máis de cincentos nenos e nenas, unha cifra que mostra o importante crecemento demográfico que vivimos nos últimos anos en Ribadumia.
Como chegar
É un Colexio Rural Agrupado situado no Concello de Ribadumia. Somos un centro público, formado por 4 escolas e 5 aulas (Sisán, Lois, Ribadumia A, Ribadumia B e Leiro) nas que se imparte o segundo ciclo de Educación infantil.
Como chegar
O concello de Ribadumia conta cun servizo de gardería municipal, cunha capacidade de cen prazas para nenos dende os cero aos tres anos.
Como chegar
Así mesmo, os centros de educación contan coas súas respectivas ANPA´s, que cumpren cunha importante labor social e educativa, integrando ás nais e aos pais na vida escolar.